A presidenta de FAVEC, en Vigo, María Pérez, explica en Si Radio a protesta que levarán a cabo este venres día 11 baixo o lema “O deporte en loita!”. Pérez aborda a situación do peche “e a privatización dos pavillóns municipais” así como o impacto que produce entre os usuarios e as usuarias, incluído a nenos e a nenas dos campamentos.

