miércoles, julio 9, 2025
InicioNewsComarcasTui comeza a fin de semana co humor de Pepo Suevos e...

Tui comeza a fin de semana co humor de Pepo Suevos e a fantasía da «Guardiana de dragones»

Humor e o cine para toda a familia na segunda fin de semana da programación cultural do verán organizada polo Concello de Tui.

Este venres, 11 de xullo, ás 22.30 horas chega a Tui o actor e humorista Pepo Suevos co seu espectáculo “A xira do cuarto de século”. Unha xira especial onde rememora os seus 25 anos como humorista e que fará parada en 25 cidades galegas, sendo Tui unha delas. 

Espectáculo de Pepo Suevos en Tui

Cada espectáculo será diferente, dedicándolle o groso da actuación a un ano en concreto. Tui será a cidade número 7 que visite, por iso aquí centrarase no ano 2007. E non só no seu 2007, senón tamén o do público. Será un espectáculo interactivo e, tal e como o define Pepo Suevos, “un espazo para rir neste anaco de desconexión”. 

A cita será este venres día 11 ás 22.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.  

Cine ao aire libre en Tui

Esta fin de semana será a primeira cita co cinema de verán que cambia de emprazamento e se vai realizar na praza do Pracer. Así o sábado ás 22.30 horas proxéctase “A gardiana de dragóns”, dirixida por Simó Busom e Jianping Li.

Esta historia, para toda a familia, transcorre na China imperial, onde nunha fortaleza nas montañas unha nena axuda a escapar ao último dos dragóns e únese a el nunha apaixonante misión para recuperar o tesouro máis prezado: o último ovo de dragón. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS