sábado, agosto 2, 2025
InicioNewsActualidadeVigo baila ao son do indie: O Galicia Fest 2025 confirma ao...

Vigo baila ao son do indie: O Galicia Fest 2025 confirma ao artista Mikel Izal

Vigo prepárase para acoller a primeira edición do Galicia Fest, un novo festival que promete marcar un antes e un despois no calendario musical galego. Hoxe desvelouse unha das súas grandes sorpresas: a incorporación de Mikel Izal, quen se suma ao cartel como un dos nomes máis destacados e esperados. O festival celebrarase os días 29 e 30 de agosto no Muelle de Trasatlánticos no corazón da cidade olívica.

Música indie en Galicia

O Galicia Fest posicionase como o novo festival indie pop de confección urbana do sur de Galicia. Con celebración no centro de Vigo e o mar como telón de fondo, non é só unha proposta sonora, «senón tamén unha declaración cultural«, segundo indican desde a organización. Neste contexto, o obxectivo é «establecer sinerxias entre o público e os artistas nun ambiente musical e social íntimo, único, apaixonante e vibrante».

A incorporación de Mikel Izal, sinónimo de calidade artística, potencia escénica e conexión co público, foi definida como «un auténtico privilexio, reforzando a aposta do festival por un cartel de gran nivel con artistas de consolidada traxectoria».

Programación do Galicia Fest

Venres, 29 de agosto:

  • Mikel Izal
  • Dorian
  • La Habitación Roja
  • Samuraï
  • Sexy Zebras
  • Éxtasis
  • Xunto a outro artista pendente de anunciar.

Sábado, 30 de agosto:

  • Beret
  • Leire Martínez
  • Fredi Leis
  • Hey Kid
  • Maldita Nerea
  • Marlon
  • Noan
  • Paula Koops.

Durante a presentación do festival, na que participaron a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e membros da organización, todos coincidiron en que “a incorporación de Mikel Izal representa unha aposta pola excelencia e reforza o noso compromiso cun xénero que define a esencia do festival, que marcará un antes e un despois no calendario musical galego”.O Galicia Fest conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, e da Deputación Provincial de Pontevedra.

Mercar as entradas para o Galicia Fest

Actualmente atópase dispoñible o segundo tramo de abonos para poder desfrutar de todo o Galicia Fest, cun prezo de 50 euros máis gastos de xestión. Tamén se poden adquirir xa as entradas de cada día a un prezo de 35 euros máis gastos de xestión na páxina web.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS