lunes, junio 23, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas desperta entre flores coas alfombras de arte efémero do Corpus Christi...

Ponteareas desperta entre flores coas alfombras de arte efémero do Corpus Christi 2025

Ponteareas amence entre flores cos alfombras de arte efémero do Corpus Christi 2025. As rúas da vila xa locen os seus tapices que, grazas ao traballo incansable de toda unha noite de veciños e de veciñas, engalanan o municipio para recibir á tradicional procesión.

Desde a Rúa de Oriente, Praza Maior, Rúa Ferreiros, Rúa Fernández Vega e Rúa Reveriano Soutullo, cada tramo é un cadro vivo. Miles e miles de pétalos de árnica, fiúncho, cocas e outras flores, minuciosamente desfoliados e colocados con precisión milimétrica, forman xeometrías, figuras relixiosas e mosaicos de cores vibrantes. Todo iso nunha perfecta harmonía co verde do fiuncho e o marrón da coca.

Fotos: Anxo Gutiérrez Barros

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS