domingo, junio 22, 2025
InicioNewsComarcasNo corazón da noite do Corpus Christi de Ponteareas: así tecen as...

No corazón da noite do Corpus Christi de Ponteareas: así tecen as alfombras as mans de distintas xeracións

Ponteareas converteuse, unha vez máis, nun gran taller ao aire libre. Veciños e veciñas da capital da comarca do Condado uníronse para tecer as alfombras florais do Corpus Christi 2025. Comezaron xa pola tarde, sobre as 18:00 horas, e, agora, quédanlle horas de traballo ata ben entrada a madrugada. A noite é testemuña de como diferentes xeracións tecen o fío da tradición a través da árnica, fiuncho ou coca, entre outros elementos naturais que engalanan o municipio.

A noite do Corpus Christi de Ponteareas 2025 deixa imaxes para a lembranza. Unha familia perfila con tiza blanca o deseño co motivo xeométrico do ano 2025 ou un grupo de adolescentes que descobren a fermosura das flores e o ambiente de verbena que imprenga a Ponteareas. Todo isto baixo a luz das farolas e dalgúns flash dos móviles que buscaban inmotalizar o momento.

A capital do Condado xa cheira a hortensias e a mimosa. Quedan unhas horas para a gran galería de arte efémero na que se converte Ponteareas durante o Corpus Christi.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS