domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasLouriñaPorriño súmase ao programa de dixitalización para mulleres “Galegas dixitais”

Porriño súmase ao programa de dixitalización para mulleres “Galegas dixitais”

Os cursos darán comezo o 3 de outubro e, xunto co material didáctico, as alumnas recibirán un ordenador portátil co que poñer en práctica todo o aprendido

O Concello do Porriño vén de formalizar a súa colaboración co programa de formación “Galegas Dixitais”, cuxo principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situación de desemprego ou que simplemente queren mellorar a súa capacidade de empregabilidade, ademais de impulsar o emprendemento no Porriño e contribuír a reducir a fenda de xénero.
A actividade é totalmente gratuíta, xa que está impulsada Xunta de Galicia e financiada polos Fondos Europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
A formación agrúpase nos seguintes bloques temáticos:
• Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
• Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
• Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración
O programa desenvolverase de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas, no Multiusos de Torneiros. Dará comezo o 3 de outubro e finalizará o 14 de novembro.
Xunto co material didáctico, e co fin de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil co que poderán poñer en práctica todo o aprendido.
Para máis información pode contactar chamando 986 338 217 ou por whatsapp no 604 039 575.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS