jueves, junio 19, 2025
InicioNewsComezan as Festas de Ourense 2025 con Luis Zahera, espectáculo de drons...

Comezan as Festas de Ourense 2025 con Luis Zahera, espectáculo de drons e a actuación de orquestra Olympus

Conta atrás para que os veciños e as veciñas de Ourense celebren, un ano máis, as súas festas. Así, as Festas de Ourense 2025 comeza este mércores 18 de xuño co pregón de Luis Zahera a partir das 22:30 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios e actuación da orquestra Olympus nunha dobre sesión. Ademais, tamén terá lugar o espectáculo de drons a partir das 23:0 horas.

Mentres, o mercado medieval xa está aberto nos exteriores do Pavillón dos Remedios así como as atracciósn festivas, segundo indican desde o Concello de Ourense, na zona do Parque Barbaña así como as xincanas de inchables xunto á Ponte Romana, entre outras cuestións.

Programación das Festas de Ourense 2025

  • 11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro.

Feira do libro de Ourense. O acto de inauguración da feira será ás 13.00 h

  • 11.00 a 14.00 h. Parque das Mercedes.

Festival de Emprego Xuvenil: SomosGOU Fest, organizado por Cruz Vermella coa colaboración do Concello.

  • 17.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios 

Mercado medieval de Ourense (abrirá todos os días de 11 a 23 h, agás o domingo, que rematará ás 23.00 h, con actividades e pasarrúas) 

  • 18.00 a 21.00 h. Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).

Xincana de inchables. A causa das condicións climatolóxicas, a actividade será de 18 a 21 horas, en vez de 17 a 20 h. 

  • 19.00 a 2.00 h. Parque Barbaña.

Atraccións

  • 20.00 a 21.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.

Exhibición de baile Dantzari

  • 21.00 a 22.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.

Baile coa orquestra Olympus.

  • 22.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.

Pregón das festas: Luis Zahera

  • 23.00 a 23.20 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.

Espectáculo de drons. Recoméndase a visualización desde a Ponte Romana.

  • 23.20 a 01.00. Exteriores do Pavillón dos Remedios

Baile coa orquestra Olympus

Cortes de tráfico polas Festas de Ourense 2025

No marco da celebración das Festas de Ourense 2025, a administración local fai saber que se levarán a cabo unha serie de cortes de tráfico co obxectivo de dispor do espazo necesario para levar a cabo as actividades e os eventos programados:

  • Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios),  até o luns, 23 de xuño.
  • Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, mañá, desde as 19.00 h.
  • Polo espectáculo de drons, momentos antes das 23.00 h, pecharanse ao tráfico a Ponte do Milenioa rotonda do acceso centro coa Nacional 120, desviando os vehículos pola rúa Castro Canseco; e a Nacional 120, á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviando o tráfico por Díaz de la Banda.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS