Luns, Febreiro 2, 2026
HomeConcellos +A CañizaO equipo benxamín do Club de Fútbol Cañiza proclámase campión da Copa...

O equipo benxamín do Club de Fútbol Cañiza proclámase campión da Copa Delegación Vigo

O equipo de benxamíns do Club de Fútbol Cañiza vén de proclamarse campión da Copa Delegación Vigo, tras unha tempada de éxitos. O alcalde da Cañiza, Luís Piña, recibiu no Salón de Plenos do Concello ao equipo ao completo xunto ás Concelleiras María José Rodríguez e Eva María Rivas.

Alcalde e concelleiras quixeron felicitar a “xogadores, presidenta, Xunta Directiva, corpo técnico e familias; destacando o gran esforzo, constancia e ilusión que demostraron ao longo de toda a tempada”. Ademais dos éxitos deportivos, o rexedor local quixo poñen en valor os valores de “compañeirismo, respecto e deportividade que transmite o club”.

Piña tamén agradeceu o “compromiso das familias e o traballo da directiva e do equipo técnico na formación de xogadores e xogadoras, así como na consolidación do deporte base como un pilar fundamental para a educación e o desenvolvemento da mocidade no municipio”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS