Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsActualidadeO Club de Patinaxe Artística Condado, de Salvaterra de Miño, representará a...

O Club de Patinaxe Artística Condado, de Salvaterra de Miño, representará a Galicia e España na final da World Cup

O Club Patinaxe Artística Condado prepárase para competir na final da World Cup de Patinaxe Artístico que se celebrará en Reggio Emilia, en Italia. O club será o encargado de representar a Galicia e a España na modalidade de Grupos Show Grande.

Ademais, a posibilidade de participar nesta copa internacional acadarona gracias á posición acadada no Campionato de España, quedando entre as dez primeiras posicións.

O equipo grande do CPA Condado está composto por 24 patinadores de entre 16 e 26 anos de idade e participarán en Italia coa coreografía “Bajo la Luz Roja“, unha proposta escénica que combina técnica e expresividade.

O equipo entrenará, xa en Italia, durante a xornada do venres e a competición terá lugar o sábado 14 de xuño.

Ademais, tal e como contou Edu Caride, entrenador do equipo, a Si Radio de Galicia, “o club é a segunda vez que participa nesta esta proba internacional”, na anterior ocasión co grupo pequeno de show que “viaxou a Arxentina acadando a primeira posición”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS