O Concello de Salvaterra de Miño ultima as obras de posta a punto dos vasos da súa piscina municipal así como da mellora do perímetro do recinto. Ademais, as obras de remodelación inclúen a construción dunha nova beirarrúa e un novo peche que mellorará a seguridade do recinto.
A esta actuación de mellora das insfraestruturas da Canuda, apuntan dende o goberno local, «uniráselle en breve as obras de mellora da pista deportiva, a zona de skate e as pistas de tenis«.
Estas obras englóbanse dentro do Plan de Mellora de Infraestruturas Deportivas Municipais que suman actuacións por máis dun millón de euros.