Sobre as 16:35 horas deste mércores, o 112 Galicia recibía un aviso sobre unha colisión entre un autobús e un vehículo na parroquia de Alxén, en Salvaterra de Miño. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas e emerxencias de Galicia, entre outros efectivos, que confirman o falecemento da persoa que conducía o turismo tras quedar atrapado.
O suceso tivo lugar no quilómetro 11 na estrada 510, á altura da parroquia de Alxén, no municipio de Salvaterra de Miño e segundo confirman desde o 112 Galicia, os nenos e as nenas así como o condutor do transporte escolar resultaron ilesos. Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, son 34 escolares dun colexio do municipio de Vilagarcía de Arousa que non necesitaron atención médica.
O accidente ocorreu o que se coñece como o cruce de Alxén, antes de chegar á gasolinera da marca CEPSA. O conductor do vehículo baixaba cara a Salvaterra de Miño e o autobús subía hacia Salceda de Caselas. Nese tramo, tiveron lugar outros sucesos mortais tamén relacionados co tráfico viario.
O acidente obrigou a mobilizar aos bombeiros do Porriño e aos de Ponteareas así como a urxencias sanitarias de Galicia, a Garda Civil e Policía Local.
