sábado, junio 7, 2025
InicioNewsActualidadeBaiona oferta campamentos de ocio e tecnolóxicos para este verán

Baiona oferta campamentos de ocio e tecnolóxicos para este verán

O Concello de Baiona organiza para este verán dous campamentos para a mocidade da vila. Por unha banda, o Campamento Urbano destinado a nenos de entre 5 e 12 anos e por outra banda o Campamento Dixital para rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

Así, o Campamento Urbano terá lugar durante o mes de agosto en dúas quendas diferenciadas. Un primeiro grupo durante a primeira quincena do mes, e o segundo durante a segunda quincena.

O campamento terá un horario de luns a venres de 10:30h a 13:30h, e durante a actividade a rapazada desfrutará dun programa de actividades de lecer e tempo libre planificado, con distintas clases de xogos, realizándose visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila.

As solicitudes deberán presentarse por Rexistro Xeral do Concello do Baiona ou a través da Sede Electrónica ata o 20 de xuño e é totalmente gratuíto.

Por outra banda, o Campamento Dixital está organizado coa colabnoración da Concellería de Mocidade, a Concellería de Tecnoloxías e a Fundación Esplai.

Con todo, o campamento divirase en diversas quendas repartidas nos meses de xullo e agosto, e terán unha duración de 30 horas. A actividade está destinada a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos que serán repartidos en tres grupos, diferenciando por idades.

O campamento terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana en horario de luns a venres de 10:00h a 14:00h. A iniciativa formará á cativada en conceptos básicos sobre o uso responsable e consciente da tecnoloxía e das redes sociais, fake news, programación, robótica educativa, intelixencia artificial e ciberseguridade, entre outras.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 16 de febreiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS