Venres, Xaneiro 30, 2026
HomeNewsActualidadeO Porriño abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán...

O Porriño abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2025

O Concello do Porriño vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán 2025, unha actividade organizada pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño a través do Centro de Información á Muller (CIM). A iniciativa forma parte do programa “O Porriño en favor da conciliación da vida persoal e laboral” e ten como obxectivo facilitar ás familias porriñesas a conciliación durante o período estival.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos cumpridos e desenvolverase dende o 30 de xuño ata o 5 de setembro, en horario de 9:00h a 14:00h, nas instalacións municipais. Está previsto un límite de 50 prazas por semana, polo que a selección dos participantes realizaranse atendendo a dous criterios: valoración previa das solicitudes, de maior a menor puntuación e orde de inscrición e prioridade.

Durante o campamento, os rapaces e rapazas participarán en actividades variadas, diferentes das que realizan habitualmente no seu día a día. As propostas “están pensadas para fomentar actitudes saudables, traballar a creatividade e a imaxinación, aprender a ser máis autónomos, manexar situacións da vida cotiá e desenvolverse como persoas”, segunda aseguran dende o goberno local.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro martes 10 de xuño ás 8:59h e as inscricións poderán formalizarse ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou telematicamente a través da sede electrónica do Concello.

Dende a organización lembran “a importancia de marcar correctamente as semanas de interese, asignando un número do 1 ao 10 segundo a orde de prioridade”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS