HomeComarcasO Condado"Os estatutos do PSOE establecen que os candidatos que non melloran os...

“Os estatutos do PSOE establecen que os candidatos que non melloran os resultados teñen que deixar paso”

O secretario xeral dos socialistas en Ponteareas, Delfín Domínguez, é o novo coordinador do partido nas comarcas do Condado e da Paradanta.

Os socialistas e as socialistas do Condado e da Paradanta teñen novo coordinador desde esta fin de semana. E é que o secretario xeral do PSOE en Ponteareas, Delfín Domínguez, ten a tarefa de coordinar ao partido nos nove concellos destas dúas comarcas. 

Un dos obxectivos de Domínguez é mellorar a representación do PSOE e asentar o partido nos concellos. Neste senso, a cita máis próxima para comprobar o traballo dos socialistas son os comicios municipais do 28 de maio de 2023. Lembra o coordinador que “os estatutos do partido establecen que os candidatos á alcaldía que se presentarón dúas veces e non conseguen mellorar os resultados teñen que deixar paso a outros compañeiros” polo que “non haberá cambios nuns concellos, pero si noutros”.

Escoita a entrevista completa aquí:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS