Domingo, Febreiro 8, 2026
HomeNewsO PaísA oposición pide a declaración de zona catastrófica e máis axudas

A oposición pide a declaración de zona catastrófica e máis axudas

Os grupos da oposición no Parlamento de Galicia, PSdeG e BNG;  insisten en demandar que se declare zona catastrófica as áreas máis afectadas polos incendios da última semana, en Valdeorras e O Courel, e piden “axudas non limitadas”

A Medio Rural do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, argumentou que, “do mesmo xeito que fixo o Concello do Barco”, deberíase activar a declaración de zona catastrófica, “polas axudas e medios que isto leva”.

Tamén a portavoz parlamentaria do BNG en materia rural, María Albert, reivindicou que as axudas que este xoves anunciou o presidente da Xunta “son un primeiro paso”, pero sinalou que “non poden estar limitadas”.

Neste sentido, xustificou que “dá igual que a vivenda custe “120.000 euros ou 150.000”, xa que, na súa opinión, “o que hai que garantir é que as axudas non sexan nin un euro menos do valor das vivendas”. En todo caso, o BNG instou a todas as administracións a “porse as pilas” para que a veciñanza afectada polos incendios “poida recuperar a normalidade”. Por iso, demandou á Deputación de Lugo e á de Ourense que se impliquen coa cidadanía que “están a perder absolutamente todo”.

Profesionalización dos servizos de prevención e de extinción.

Ademais, ambos os grupos parlamentarios coincidiron en sinalar “o abandono do rural” como “o principal problema” que fai que estes incendios sexan “tan virulentos” e a súa extinción “moi complicada”. Así mesmo, a deputada socialista indicou que o PSdeG “aposta por un servizo único, profesional e equipado”. 

Nesto sentido, a nacionalista María Albert demandou un servizo de prevención e defensa que teña “un mando único” e que se atope operativo durante os 365 días do ano para facer fronte a uns incendios “cada vez máis agresivos”. “Os incendios apáganse no inverno”, recalcou.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS