A Garda Civil detivo este martes a un home no Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense, despois de que a súa parella se precipitara desde un cuarto piso. A muller foi trasladada a un centro médico en estado grave e agora investigan os feitos como un posible caso de violencia machista.
Os feitos ocorreron cando o reloxo marcaba as 12:30 horas deste martes 20 de maio. Segundo apuntan fontes do caso, a muller precipitouse desde o cuarto dun piso que se localiza na praza Andrés de Prada e, antes da caída, algúns veciños afirman escoitar peticións de axuda e sinalan que tiña lugar unha discusión entre a parella.
Os servizos de emerxencia movilizáronse co obxectivo de atender á víctima, quen foi trasladada a un centro médico e, máis tarde, axentes da Garda Civil procedeu á detención do home, parella da muller. Ambos teñen a nacionalidade colombiana.
Concentración no Barco de Valdeorras
Neste contexto, o Concello do Barco de Valdeorras vén de convocar unha concentración que terá lugar na Praza do Concello para este mércores 21 de maio a partir das 12:00 horas, «como acto de repulsa ante esta agresión machista«.