martes, mayo 20, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño rende homenaxe ás súas subcampioas de Europa: "Imos recibilas como...

O Porriño rende homenaxe ás súas subcampioas de Europa: «Imos recibilas como se merecen»

O Balomán Porriño terá a súa propia festa e é que o Concello puxo en marcha a súa engranaxe para recibir «como se merecen» ás subcampioas da Europea Cup Feminina 2025 que se celebrou durante esta fin de semana en Islandia.

A programación comeza a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes, «cunha gran Festa do deporte, aberta a toda veciñanza, na que se celebrará o espírito deportivo porriñés e se recoñecerá o papel das nosas heroínas«, segundo indican desde o Concello.

Recepción

Ás 19:45 horas, terá lugar a recepción oficial no Concello. Alí, as autoridades municipais así como os veciños e as veciñas recibirán ás xogadoras, quenes «fixeron vibar a todo un pobo co seu esforzo, paixón e entrega ao deporte», insisten desde a administración local.

Posteriormente, as 20:00 horas, continuarase coa celebración no Pavillón Municipal, onde «as xogadoras farán entrada entre aplausos nun pasillo de honra, seguido dunha festa, entrega de agasallos e moitas sorpresas», segundo adiantan desde o Concello.

Durante toda a tarde, o Porriño converterase na capital do balonmán posto que continuará a celebración con actividades como o Tren Chu Chu, festa da escuma e xogos así como coa actuación a orquestra América. Tamén está previsto que actúen diferentes DJs e «moito máis nas inmediacións do Pavillón Municipal».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS