lunes, mayo 19, 2025
InicioO PaísA CoruñaA Xunta abre o prazo para o Bono Comerio 2025: Novidades e...

A Xunta abre o prazo para o Bono Comerio 2025: Novidades e prazo de adhesión

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que abre a partir do 20 de maio o prazo de adhesión dos establecementos comerciais para a iniciativa dos Bonos activa comercio, tal e como informaron dende o goberno autonómico.

A principal novidade deste ano para os establecementos, é que aqueles que se queiran sumar a partir deste martes á campaña o poidan facer unha única vez para todas as edicións de 2025, continuando así coa liña de simplificación administrativa marcada polo Executivo galego.

Tras o éxito acadado nas anteriores convocatorias, a Xunta impulsará de novo este ano os Bonos activa comercio, de xeito coordinado co sector e cun crédito inicial de 5 millóns de euros. O obxectivo é seguir incentivando a demanda comercial e axudando economicamente ás persoas consumidoras, ao tempo que se fomentan as compras nos establecementos comerciais retallistas participantes.

A apertura do prazo de adhesión dos negocios é o paso previo antes da súa activación á cidadanía, cuxos prazos se establecerán nas correspondentes ordes de cada unha das edicións do programa. Como vén sendo habitual, os bonos estarán dispoñibles en formato dixital na web www.bonosactivacomercio.gal.

Durante o 2024, o Goberno galego destinou a esta iniciativa 7,5 millóns de euros en descontos a través de 600.000 transaccións comerciais, que no conxunto das catro provincias galegas mobilizaron arredor de 34 millóns de euros nos máis de 7.500 comercios adheridos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS