sábado, mayo 17, 2025
InicioNewsConcellos +Ponteareas dá un novo paso no proceso de licitación do ciclo da...

Ponteareas dá un novo paso no proceso de licitación do ciclo da auga para o saneamento integral

O goberno municipal deu un paso máis no proceso de licitación do ciclo da auga cara o saneamento integral das parroquias, que permitirá dotar de depuración eficiente e sostible a todo o rural.

O Concello de Ponteareas aprobou de forma definitiva no pleno extraordinario desta mañá o estudo de viabilidade e os proxectos por valor de máis de 18 millóns de euros para o saneamento no rural. Esta é unha iniciativa estratéxica coa que se porá fin á histórica demanda de saneamento nas parroquias do municipio. Trátase dun plan integral que contempla actuacións en todas as parroquias e que combina diferentes solucións técnicas adaptadas a cada entorno, incluíndo minidepuradoras e outras fórmulas de depuración individual e colectiva.

A concelleira, Raquel Bautista, destacou que “hoxe é un día histórico para o noso rural. Apostamos por un modelo sostible, moderno e respectuoso co medio, que garante o acceso a un servizo esencial e que mellora a calidade de vida da veciñanza”.

O proxecto foi deseñado con criterios de eficiencia enerxética e sustentabilidade, buscando minimizar o impacto ambiental e garantir un mantemento viable no tempo. Con el, Ponteareas sitúase á vangarda na xestión da auga no rural, dando resposta a unha das principais necesidades das parroquias.

Desde o goberno municipal salientan que esta iniciativa supón tamén unha aposta clara pola igualdade de servizos entre o centro urbano e o rural, “porque todas as persoas, vivan onde vivan, teñen dereito a un saneamento digno e moderno”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS