A Asociación Veciñal de Teis vén de denunciar a necesidade dunha biblioteca na zona. Segundo aseguran, os veciños e veciñas levan case 11 anos agardando por unha construción “que foi anunciada polo goberno municipal no seu momento”.
Así, aseguran que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, Alcalde de Vigo, “anunciou en máis 20 ocasións a construción da biblioteca para Teis, e a día de hoxe aínda non se derrubou o edificio actual onde deberá ser ubicada, e que supón un paso previo para a construción da biblioteca”.
Os veciños piden que a biblioteca de Teis sexa “unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros e que non se limite a unha simple sala de lectura como pretende facer o goberno local”.
Así, dende a Asociación Veciñal de Teis, esixen ao goberno muncipal a construción dunha biblioteca no antigo edificio do Centro de Saúde. “Pois unha biblioteca”, aseguran “pode ter sala de lectura, pero unha sala de lectura, nunca será unha biblioteca”.

