Martes, Febreiro 17, 2026
HomeNewsActualidadeA Diócese realizará unha Eucaristía polo falecemento do papa Francisco en Tui...

A Diócese realizará unha Eucaristía polo falecemento do papa Francisco en Tui e Vigo

O papa Francisco faleceu este luns ás 7:35 horas na súa residencia da Casa Santa Marta. Así o anunciou nun video o camarlengo, o cardenal Kevin Joseph Farrel.

Neste video, indicou que “cunha profunda dor teño que anunciar que o papa Francisco faleceu ás 7:35 horas de hoxe, o bispo de Roma volve a casa do pai, a súa vida enteira estiv dedicada ao servizo do Señor e da súa Igrexa e nos ensinou o valor do evanxelio con fidelidade, valor e amor universal e, en maneira particular, a favor dos máis pobres e marxinados” e continuou lembrando a “inmensa gratitude polo seu exemplo como discípulo do Señor Jesús” polo que “recomendamos a alma do papa Francisco ao infinito amor misericordioso de Dios Uno e trino”.

Neste contexto, o bispo de Tui, Antonio Valín, vén de remitir unha carta na que anuncia que se celebrará a Eucaristía “polo seu eterno descanso na catedral de Tui e na concatedral de Vigo”. En canto á data, apunta que nos próximos días darase a coñece máis detalles.

Declaracións do bispo de Tui, Antonio Valín

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS