Venres, Febreiro 20, 2026
HomeNewsActualidadeA escape room "O Xardín das Camelias" chega ao Castelo de Soutomaior

A escape room “O Xardín das Camelias” chega ao Castelo de Soutomaior

O Castelo de Soutomaior acollerá a escape room “O Xardín das Camelias“, un xogo de escapismo orixinal inspirado nas emblemáticas camelias do seus xardíns.

O evento, organizado pola Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e o Castelo de Soutomaior, terá lugar o vindeiro 9 de febreiro ás 16:30h e será de balde e aberto a todo o público, sen necesidade de inscrición previa. Pola súa banda, a execución da actividade corre a cargo da empresa ‘Skeirrum’.

“O Xardín das Camelas” é unha escape room dixital baseada en xeolocalización que convida aos xogadores a resolver enigmas mentres exploran os recunchos do castelo. “As persoas que participen poderán desfrutar dunha experiencia única e descrubir os segredos que agocha esa aventura interactiva” aseguran dende a organización.

Para participar é preciso levar un teléfono móbil con conexión a internet, así como papel e bolígrafo para tomar notas.

Ademais, a partir do 9 de febreiro, a escape room estará dispoñible durante toda a primavera para que todas aquelas persoas que non poidan asistir na data da inauguración teñan a oportunidade de desfrutala en outro momento.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS