O RC Deportivo ven de informar que “decidiu prescindir dos servizos do técnico Imanol Idiakez como adestrador do primeiro equipo“, decisión que foi comunicada tras a derrota deste domingo ante o Racing de Santander.
A determinación ven “despois dunha exhaustiva avaliación do rendemento do equipo e a súa traxectoria na presente tempada”, aseguran dende o club.
Dende a dirección do RC Deportivo “agradecen a Imanol Idiakez a súa dedicación e esforzo” así como “pola súa gran achega no ascenso da tempada pasada”.
“Os próximos días anunciarán o nome do novo adestrador“, segundo informan dende a asociación deportiva. O adestramento deste luns 28 de outubro, será dirixido por Roberto Cabellud, responsable do área condicional.

