A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual. “A gala de entrega celebrarase o vindeiro 28 de xuño, como todos os anos, coincidindo co aniversario da aprobación do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e do regreso a Galicia dos restos mortais de Castelao”, explicou o presidente. Rueda salientou que «xunto coas Medallas Galicia, son un dos recoñecementos máis importantes que outorga a comunidade”.

