Sábado, Febreiro 7, 2026
HomeActualidadeEducaciónNon debemos ver a intelixencia artificial como unha ameaza

Non debemos ver a intelixencia artificial como unha ameaza

Así o asegurou o conselleiro Román Rodríguez na inauguración do Seminario Transformación dixital e intelixencia artificial na educación.

“A tecnoloxía pode ser unha aliada para mellorar a formación do alumnado”, sostén o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
A reflexionar sobre esta oportunidade e abrir camiños dedícanse este martes expertos de toda España neste seminario organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Organización de Estados Iberoamericanos para a educación, a ciencia e a cultura (OEI).

“Debemos aproveitar as oportunidades da intelixencia artificial na educación para impulsar a formación do alumnado e evitar, así, que se produza unha fenda dixital con respecto á propia actividade profesional”, apuntou Román Rodríguez.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS