Galicia ampliará o seu calendario de vacinación infantil contra a meninxite cunha nova dose aos 12 anos, concretamente fronte ao meningococo B. Esta nova pauta sumarase á que xa se fornece aos bebés, e á tetravalente que xa se dispensa en dúas idades distintas.
Así, tal e como informou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante a sesión de control ao Goberno do pleno do Parlamento, desta forma os nenos e nenas galegos serán “os máis protexidos do mundo”, xa que Galicia contía sendo “pioneira” en vacinación infantil.
En Galicia xa se fornecen dúas vacinas contra a meninxite: unha tetravalente que se dispensa aos 4 e 12 meses e aos 12 anos e unha fronte ao meningococo B que se fornece en tres dose aos bebés, a que agora se ampliará cunha única dose aos 12 anos para os nenos que teñan completa a pauta infantil, e dúas dose para os que non.

