O ministerio de Defensa do Goberno de España vén de anunciar que enviará a Chipre a fragata Cristóbal Colón, con base en Ferrol, que se sumará ao portaavións francés Charles de Gaulle e outras embarcacións da Armada grega co fin de dar protección e defensa aérea ao país tras o ataque de Irán.
“Coa despregadura da Cristóbal Colón, España mostra o seu compromiso coa defensa da Unión Europea e a súa fronteira oriental despois de que un dron de fabricación iraní impactada na base británica de Akrotiri”, asegurou Defensa.
A maiores, tamén sairá brevemente cara Chipre e Creta o buque de aprovisionamento Cantabria, con base no mesmo lugar que Colón, co fin de enviar combustible e prestar apoio loxístico durante o tránsito do Grupo Naval polo Golfo de Cádiz.
A misión da fragata Cristóbal Colón será ofrecer protección e defensa aérea e podería empregarse tamén para prestar apoio a calquera evacuación de persoal civil afectado polo confito. Segundo explicou a ministra de Defensa, Margarita Robles “trátase da fragata tecnoloxicamente máis avanzada”.

