Mércores, Marzo 4, 2026
HomeNewsActualidadeReabre ao tráfico un dos carrís do tramo da AG-57 afectado polos...

Reabre ao tráfico un dos carrís do tramo da AG-57 afectado polos temporais en Gondomar

A Xunta reabriu ao tráfico un dos carrís da autoestrada do Val Miñor, ao seu paso por Gondomar, co obxectivo de favorecer a maior afluencia de circulación na AG-57.

As obras na AG-57 seguen así a avanzar, continuando a maquinaria pesada operando na zona, onde hai dúas semanas produciuse un desprendemento nun noiro por mor dos temporais deste ano. A Xunta traballa co obxectivo de axilizar estas obras o máximo posible, sempre garantindo a seguridade na actuación.

Compre lembrar que aínda que este desprendemento non afectou á calzada, ante o posible risco de desprendemento de material que quedou inestable na cabeza do noiro, optouse por seguridade por o corte de tráfico no carril sentido Baiona. Os servizos técnicos están avaliando a situación e as medidas a adoptar.

O custe estimado desta actuación suporá un investimento de preto de 110.000 euros.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS