Mércores, Marzo 4, 2026
HomeActualidadeDeportesGondomar e Condado, cabeiros da patinaxe galega

Gondomar e Condado, cabeiros da patinaxe galega

Central das Travesas foi casa desta edición do Campionato Galego de Grupos Show, un dos eventos máis agardados de cada ano dentro da patinaxe artística galega. Nesta cita, Condado Gondomar realizaron un papel histórico ao coroarse coma campións en catro das cinco modalidades.

Por unha parte, o CPA Gondomar alzouse cos títulos nas categorías de Show Júnior e Cuartetos Júnior, amosando o gran momento competitivo da entidade. Por outra banda, o CPA Condado acadou o ouro en Show Pequeño e Show Grande, demostrando solidez técnica, creatividade coreográfica e unha escenificación de alto nivel. Además, o club de Salvaterra redondeou un excelente campionato co subcampionato galego en Show Júnior, so por detrás do xa mencionado CPA Gondomar. O único vencendor de fóra da bisbarra foi o Alquimia de Carral, na modalidade de Cuartetos Sénior.

Tralos éxitos acadados por ambas agrupacións debe destacarse a labor de David Figueroa e Edu Caride, responsables técnicos de ambos e pezas chave polo seu esforzo, planificación e coordinación cos diferentes grupos participantes. O campionato volveu deixar a certeza do fantástico nivel e da saúde da patinaxe artística galega e do formidable traballo que se vén realizando nos clubes de distintas categorías e localidades. Tras coñecer estes resultados, os equipos pensan agora nos próximos Campionatos de España, nos que representarán ao noso país no panorama nacional.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS