Martes, Febreiro 10, 2026
HomeActualidadeDeportesIsma Martínez deixará o Porriño a final de tempada

Isma Martínez deixará o Porriño a final de tempada

O técnico morracense pechará a súa etapa no equipo louriñés tras vinte anos de relación

Isma Martínez anunciou a súa saída do Conservas Orbe Zendal Porriño ao remate da tempada. Unha decisión tomada en base a motivos persoais, posto que o técnico morracense vai ser pai, e que comunicou este mediodía en rolda de prensa acompañado polo presidente Abel Estévez.

Isma dirá adeus ao Balonmán Porriño tras vinte anos de relación, divididos entre dúas etapas. Unha traxectoria dilatada e destacada polo seu traballo coas categorías base do equipo louriñés e por conseguir levar ao equipo sénior a ser recoñecido coma un dos grandes na División de Honra. Entre numerosos logros e campañas destacadas sobresae a pasada participación na EHF European Cup, na que as porriñesas a piques estiveron de coroarse coma campioas fronte ao Valur de Reykjavik.

Unha despedida sentida na que Isma amosou o seu agradecemento e agarimo polo club, e que é independiente á situación de plantilla e temporada do clube, mermado tralas saídas de Paulina Buforn e Aitana Santomé. Tamén o técnico aclarou que non ten ningún tipo de acordo con outros equipos e que ve difícil saír de Galicia, aínda que non se pecha a ningunha proposta. 

O Balonmán Porriño, pola súa banda, traballará ao longo dos próximos meses na busca dun novo adestrador e iniciará deste xeito un novo ciclo tras a gran muda que está a vivir como proxecto nas últimas semanas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS