Luns, Febreiro 9, 2026
HomeO PaísA CoruñaContinúa o control e seguemento dunha decena de ríos en Galicia

Continúa o control e seguemento dunha decena de ríos en Galicia

A Xunta mantén activo o Plan Inungal e proseguen os controis sobre o caudal de todos os ríos de Galicia.

Así, o 112 Galicia vén de informar que tras unha nova revisión dos datos facilitados polos distintos organismos de conca, son 12 os ríos que presentar un maior risco de desbordamento puntual e que se sitúan en nivel laranxa.

Concretamente os ríos sinalados son:

  • Na provincia da Coruña: Mero (Cambre), Xubia (San Sadurniño), Mero (Betanzos), Valiñas (Culleredo), Barcés (Abegondo) e Tambre (Oroso e Trazo).
  • Na provincia de Pontevedra: Gallo (Cuntis), Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar) e Maceiras (Cabeiro).
  • Na de Ourense: Miño (A Peroxa e Ourense) e Limia (Bande).
Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS