Venres, Febreiro 6, 2026
HomeNewsActualidadeO PP de Tomiño solicita ao Concello a exención total das taxas...

O PP de Tomiño solicita ao Concello a exención total das taxas ás comunidades de augas

O PP de Tomiño vén de comunicar que solicitará ao Concello a exención total das taxas polas licenzas de obra para infraestruturas e sistemas de abastecemento impulsados polas comunidades de usuarios de augas co obxectivo de que os permisos sexan de balde para favorecer a extensión e mellora dun servizo básico municipal que, no termo tomiñés, está a ser executado principalmente por estas entidades veciñais.

A presidenta do PP local, Lara Meneses, revelou, co gallo da presentación do Plan +Aqua da Deputación de Pontevedra, que as citadas comunidades valoran moi positivamente as achegas anuais nesta materia concedidas polo organismo provincial e pola Xunta de Galicia, pero consideran que “poderían aproveitarse moito máis estas axudas se o Concello non cobrase polos permisos de obras e fosen de balde, como sucede en moitos outros municipios da provincia”.

“Tomiño é o concello de referenza en toda Galicia en materia de augas veciñais, pero para manter ese liderada as redes e os sistemas precisan modernizarse e renovarse e para iso cremos que o Concello debe poñer o seu gran de area e favorecer que as moitas subvencións que recibimos se executen na súa práctica totalidade, así que reclamamos a sensibilidade do goberno do BNG coas nosas comunidades de augas como xa están facendo outros municipios”, aseverou Meneses.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS