O Concello de Mos declara tres días de loito oficial, vixentes os días 2, 3 e 4 de febreiro de 2026. Durante este período quedan suspendidos todos os actos públicos oficiais organizados polo Concello de Mos e as bandeiras oficiais ondearán a media hasta nos edificios municipais.
Así mesmo, a alcaldesa informou da convocatoria dun pleno extraordinario para hoxe, luns, ás 20:00 horas no Pazo de Mos, ao remate do cal terá lugar unha concentración, aberta á participación da cidadanía.

