jueves, enero 15, 2026
InicioNewsActualidadeChega ao porto de Vigo un portacontedores coa carga desprazada

Chega ao porto de Vigo un portacontedores coa carga desprazada

O porto de Vigo recibiu, na pasada noite, un novo buque portacontedores que viña con destino á cidade olívica e sufriu un desprazamento de carga durante a súa travesía á altura de Aveiro, en Portugal, debido á ondada. Durante o percance, perdeu varios contedores.

O buque, denominado María Francisca, combina o transporte de contedores co de carga xeral. Construido en 2004, ten 300 metros de eslora e unha manga de 28.

O buque foi atracado no peirao transversal e aseguran que «non supón ningún risco ambiental». Nos vindeiros días procederase á operativa de recolocación dos contedores, tarefa que podería durar semanas.

Dende a Autoridade Portuaria afirman que non está permitido o acceso á zona por cuestións de seguridade.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS