A Xunta e o Concello Ourensano de Manzaneda avalían vías de colaboración para desenvolver distintas actuacións de abastecemento no municipio. Así se fixo saber hoxe o concluir unha reunión coa conselleira de Medioambiente, Ánxeles Vázquez.
O Goberno local remitirá ao Executivo galego memorias técnicas dos proxectos propostos para avaliar a posibilidade de apoialos técnica e economicamente.
Ángeles Vázquez lembra que as entidades locais contarán este ano con varias liñas de axudas para a mellora das infraestruturas e servizos relacionados coa xestión da auga así como para a conservación de espazos naturais da Rede Natura 2000.

