A Policía detivo a cinco persoas tras localizar nun contedor no Porto de Vigo un cargamento con 200 quilos de cocaína. A carga foi atopada nun buque que arribou no Porto de Vigo.
Tres dos detidos son persoas de nacionalidade albanesa e estarían relacionados co achado desa partida de cocaína, que chegou nun buque portacontenedores á terminal viguesa este luns. O barco viaxaba dende América do Sur na chamada «ruta da froita».
Tanto a Policía como o Servizo de Vixilancia Aduaneira mantiñan sospeitas de que existise cargamento ilícito no buque, e estaban pendentes da chegada do mesmo. A investagación está sendo coordinada agora polo xulgado de instrución 8 de Vigo.
Ademais, segundo informan fontes cercanas ao caso, polo menos unha das persoas detidas ata agora estaría relacionada co alixo intervido en xaneiro de 2025, cando a Policía frustrou a entrada de 1.250 quilos de cocaína, vinculados coa mafia albanesa.

