viernes, enero 2, 2026
InicioNewsComarcasInchables, xogos e obradoiros: O Peque Fest converte O Porriño no epicentro...

Inchables, xogos e obradoiros: O Peque Fest converte O Porriño no epicentro do Nadal infantil

O Concello do Porriño dá hoxe o pistoletazo de saída a tres intensos días de diversión para o público infantil e familiar coa celebración do Porriño Peque Fest, a gran festa do Nadal pensada para as nenas e nenos e que se desenvolverá ata o 4 de xaneiro na pista 2 do Pavillón Municipal dos Deportes. 

Cando é o Peque Fest no Porriño?

Desde hoxe e durante tres xornadas consecutivas, en horario continuado de 11:30 a 19:00 horas, o pavillón municipal converterase nun gran espazo de lecer infantil que funciona como a antesala perfecta á chegada das Súas Maxestades os Reis Magos, permitindo que a cativada viva con intensidade e ilusión os días previos á noite máis máxica do ano. 

O Peque Fest ofrece unha ampla programación con inchables, animación, xogos e numerosas sorpresas, á que este ano se suman novidades destacadas que amplían a oferta creativa e participativa do evento. Entre elas, sobresae a incorporación de obradoiros de pintacaras, construcións de Lego, tatuaxes temporais e chapas personalizadas, propostas pensadas para fomentar a imaxinación, a creatividade e a participación activa das nenas e nenos. 

Entrada libre e gratuita

A entrada ao Porriño Peque Fest é libre e gratuíta ata completar aforo, garantindo un espazo seguro, accesible e pensado para o desfrute das familias. 

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo,salientou que “con este evento arrincan tres días cheos de alegría e ilusión para a cativada, consolidando o Peque Fest como unha das citas máis importantes do Nadal no Porriño”. Ademais, destacou que “as novidades deste ano reforzan o carácter creativo e participativo da festa, ofrecendo experiencias diferentes que enriquecen o lecer infantil”. 

Programación de Nadal no Porriño 2026

A programación de Nadal continúa durante a fin de semana coa visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ás parroquias do municipio, un percorrido moi agardado que permitirá achegar a maxia do Nadal a todos os recunchos do Porriño antes da súa chegada oficial á vila:

  • O sábado 3 de xaneiro, os Reis Magos visitarán Chenlo (16:15 h), Mosende (17:00 h), Pontellas (17:45 h), San Salvador (18:30 h), Cans (19:15 h) e Carracido (20:00 h)
  • O domingo 4 de xaneiro, o percorrido continuará por A Forna (16:15 h), Atios (17:00 h), Casal (17:45 h)
  • Mosteiro (18:30 h), Lagoa (19:00 h) e a igrexa de San Rosendo (19:30 h)

Cabalgata dos Reis Magos no Porriño

Este percorrido polas parroquias servirá como antesala á gran Cabalgata de Reis Magos do luns 5 de xaneiro, na que as Súas Maxestades farán a súa entrada triunfal no Porriño, enchendo as rúas de música, cor e ilusión, coa participación de colectivos locais e cun protagonismo especial para o público infantil. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS