miércoles, diciembre 3, 2025
InicioNewsActualidadeUn accidente en Ponteareas deixa tres persoas feridas tras caer por un...

Un accidente en Ponteareas deixa tres persoas feridas tras caer por un terraplén

En torno ás 21:14 da pasada noite, o 112 recibiu un aviso a través dun sistema automático. Ademais de poder coñecer de forma exacta as coordenadas de localización do accidente, os xestores do 112 puideron falar cunha das persoas implicadas, que explicou que había un ocupante atrapado e inconsciente. 

O accidente debeuse a unha saída de vía do vehículo, que caeu por un terraplén. O coche ía ocupado por tres persoas, das cales unha delas tivo que ser excarcelada.

O accidente tivo lugar na estrada EP-2703 á altura da parroquia de Padróns, en Ponteareas. Os tres ocupantes precisaron de asistencia médica e foron trasladados ao centro hospitalario de referencia. Segundo informa o 112 Galicia, dous deles estaban feridos leves e outro pendente de evolución das súas lesións.

Ata o lugar, desprazáronse os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, que procedeu á excarcelación do ferido atrapado; a policía local de Ponteareas, Garda Civil de Tráfico e Emerxencias de Galicia-061.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS