lunes, diciembre 1, 2025
InicioNewsUn novo accidente laboral nas obras do AVEen Ourense deixa outro traballador...

Un novo accidente laboral nas obras do AVEen Ourense deixa outro traballador ferido

A Faderación da Construción e Madeira (FCM) da CIG de Ourense vén de ter coñecemento dun novo accidente laboral nas obras de AVE en Ourense, nesta ocasión cun traballador ferido. Dende a central sindical insisten en denunciar as condicións de falta de seguridade e o exceso de xornada nuns traballos encargados pola Administración pública «que acumulan numerosos incidentes graves, mesmo con resultado de morte», segundo explican desde o sindicato.

Segundo tivo coñecemento a FCM, o volcado dun camión deixou ferido o seu condutor, aínda que polo momento se descoñece o alcance das feridas, xa o traballador tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital de Ourense.  

Dende a central sindical is¡nisten en «denunciar as malas condicións e o exceso de  xornada que padecen as persoas traballadoras do sector, dun xeito especial neste  tramo do AVE, no que en cuestión de 15 días houbo tres accidentados, resultando  morto un deles».  

Polo que instan as administracións con competencias en materia laboral a «garantir o  cumprimento as medidas de seguridade e saúde, así como a vixiar os execesos de  xornada». Insisten en que «as obras do AVE son obras públicas, polo que deberan ser exemplo para o  resto de obras do sector en cumprimento de xornada, condicións laborais e de  seguridade e saúde no posto de traballo».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS