lunes, diciembre 1, 2025
InicioNewsMedio Rural abre unha canle de contacto co sector porcino para...

Medio Rural abre unha canle de contacto co sector porcino para avaliar a evolución da peste porcina africana

A Consellería do Medio Rural comprometeuse a manter permanentemente informado ao sector de todas as novidades das que teña coñecemento en relación coa Peste Porcina Africana (PPA), tanto polas vías habituais de comunicación como a través da convocatoria de novas reunións sobre esta enfermidade para os vindeiros días. Así, establecerase unha canle de comunicación constante sobre a situación e evolución desta doenza, a partir dos datos xestionados pola Consellería e dos recibidos tanto a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) como doutras administracións, como pode ser a Generalitat de Cataluña, comunidade na que se rexistraron casos desta doenza. 

Así o acordaron técnicos deste departamento da Xunta na reunión mantida esta mañá en San Caetano con responsables da Federación Galega de Porcino e con outros representantes sectoriais. No encontro, que se produce trala detección de varios casos de PPA en Cataluña, participaron o subdirector xeral de Gandaría, Jorge Mourelo, e o xefe do Servizo de Sanidade Animal, Jesús Orejas, por parte da Consellería.

Os representantes de Medio Rural deron conta polo miúdo de toda a información dispoñible ao respecto dos focos da enfermidade detectados e das medidas implantadas polas autoridades catalás e o MAPA, e insistiron en trasladar aos produtores as recomendacións en relación coas actuacións preventivas da doenza, así como en solicitar un reforzo das medidas de bioseguridade nas explotacións porcinas, co fin de evitar posibles contaxios con fauna salvaxe.

Os responsables da Consellería recolleron tamén as inquedanzas do sector e as súas achegas, co obxecto de telas en conta na definición das próximas actuacións por parte da Xunta de Galicia.

Plan de detección autonómico

A Consellería está a intensificar as medidas de vixilancia e alerta de posibles casos de PPA establecidas ao abeiro do seu plan de detección, que involucra tanto ao propio sector porcino como ao colectivo cinexético. Tamén se reforza o control do transporte por estrada, co fin de identificar e minimizar calquera posible factor de risco de contaxio por esta vía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS