Concello de Ponteareas vén de presentar a súa ampla programación de Nadal, unha proposta pensada para todos os públicos que combina tradición, música, cultura, obradoiros e eventos novidosos para dinamizar as rúas e gozar en familia destas datas.
A alcaldesa, Nava Castro, destacou que «Ponteareas aposta este ano por un Nadal vivo e ilusionante, con actividades pensadas para a participación de toda a cidadanía. Queremos que as nosas rúas se enchan de vida e que veciños, veciñas e visitantes desfruten dunha programación feita con moita dedicación».
Pola súa banda, o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, subliñou que «a programación deste Nadal combina tradición e novidade, con propostas culturais, familiares e de lecer que reflicten a identidade de Ponteareas. Animamos a toda a veciñanza a participar e facer deste Nadal un punto de encontro para todos, especialmente áos nenos e nenas».
Salienta o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura que a programación de Nadal ofrece unha ampla oferta de espectáculos e actividades para público infantil, momentos nos que as familias poden facer as súas compras mentres as e os cativos aprenden e se divirten nos obradoiros de adornos, nos de maquillaxe ou no de chapas, no musical infantil e xuvenil, contacontos, maxia ou o espectáculo con pompas de xabrón cos Fabulosos Cleaners.
Acendido oficial das luces
O Nadal arrancará oficialmente este venres 5 de decembro ás 19:00 horas na Praza de Bugallal co tradicional acendido das luces, acompañando a xa colocada iluminación especial que este ano renovou varios espazos da vila. O acto contará con música, animación e actividades pensadas para dar a benvida ao ambiente festivo.
Principais actividades do Nadal ponteareán
Ao longo das próximas semanas, Ponteareas acollerá unha ampla variedade de eventos culturais e tradicionais e tamén de iniciativas pioneiras como a entrega de premios Menina Sarmiento, un recoñecemento aos valores culturais e sociais das e dos ponteareáns.
O domingo día 14 de decembro terá lugar o Encontro de Panxoliñas, coa participación de agrupacións locais e comarcais que este ano se traslada á igrexa parroquial de San Miguel e que se desenvolverá en dous días distintos.
O Encontro de Corais no que intervirán formacións de distintas procedencias erá o sábado día 20 e o domingo 21 a Papanoelada moteira encherá as rúas de cor, música e solidariedade visitando tamén as parroquias.
Outra das novidades do programa é o concerto do libro “Proxecto Soutullo, os gaiteiros de Ponteareas anteriores a 1950”, unha actividade que pon en valor o patrimonio musical ponteareán e que reafirma a aposta do goberno local pola difusión e fortalecemento das señas de identidade. Este mesmo domingo día 21 será a recepción de Papá Noel, para que os máis pequenos poidan entregarlle as súas cartas será ás 18:00 h con chocolatada e actuación da Wilson’s Band.
O Concello manterá unha das propostas máis exitosa do nadal anterior, o Videomapping de Nadal estará na fachada do Concello do 22 decembro ao 5 xaneiro.
O sábado 27 despedirase simbólicamente o ano 2025 coa Festa pre Fin de Ano, unha proposta lúdica e familiar e o domingo 28 será o tradicional Rancho de Reis, mantendo viva unha das tradicións máis arraigadas do municipio.
A presentación do calendario municipal 2025, con imaxes e contidos sobre a identidade local será o día 30 de decembro e xa o 3 e 4 de xaneiro os os Reis Magos visitarán as parroquias, achegando a ilusión a todos os fogares para chegar ao centro urbano o 5 de xaneiro cando tamén se celebrará a recepción oficial dos Reis Magos á súa chegada despois do desfile polas rúas de Ponteareas.
Tradición
O Concello destaca que esta programación combina actividades tradicionais como o Rancho de Reis, o encontro de corais ou as panxoliñas con propostas renovadas, obradoiros e iniciativas novidosas para dinamizar a vila e ofrecer alternativas para todos os públicos.
PROGRAMA
Venres 5
- 19:00 h – Acendido de luces con animación e chocolatada. Praza de Bugallal.
Sábado 6 – Luns 15
Inclúe a Exposición da Camelia, actuacións, obradoiros e charla-cata:
- Inauguración da exposición, actuación de pandereteiras, obradoiro e charla-cata do té da Camelia.
- Actuacións da Rondalla e programación infantil.
Venres 12
- Obradoiro infantil de adornos.
- Concerto do Coro Gospel “Singing with Soul”.
Sábado 13
- Obradoiro infantil de adornos.
- Premios Menina Sarmiento – Ponteareáns/as distinguidos/as do ano (19:00h).
Domingo 14
- Musical infantil “Las Diosas del K-Pop” (12:00 e 17:00 h).
- Encontro de panxoliñas (17:00h).
Un dos encontros tradicionais destacados. - Charla de apicultura.
- Actuación da Rondalla de Pontellas.
Do 15 ao 19 de decembro
- Actuacións musicais do alumnado do Conservatorio.
- Contacontos e obradoiros infantís.
- Festival de Nadal do grao profesional do Conservatorio.
- Concerto de Nadal da Escola Vila do Corpus e do grao elemental.
Sábado 20
- Obradoiro infantil de adornos.
- Encontro de panxoliñas (17:00 h), con novas agrupacións.
- Gala de Nadal de patinaxe.
- Concerto sinfónico da Banda de Guláns.
Evento destacado pola súa relevancia cultural.
Domingo 21
- Festival solidario de danza.
- Presentación do Club Baloncesto Condado.
- Papanoelada moteira (16:00h).
Un dos eventos máis novidosos e participativos. - Recepción de Papá Noel (18:00 h). Con chocolatada e actuación da Wilson’s Band.
- Concerto e presentación do libro “Proxecto Luis Soutullo: os gaiteiros e bandas de Ponteareas anteriores a 1950”, que pon en valor o patrimonio musical local.
Outro dos grandes eventos culturais do Nadal.
22 e 23 de decembro
- Contacontos infantil.
- Maxia e espectáculo familiar.
Sábado 27 e Domingo 28
- Torneo de Fútbol Sala de San Andrés de Xinzo (todo o fin de semana).
Sábado 27
- Festa Pre-Fin de Ano Infantil (17:00 h).
- Concerto e presentación do libro Proxecto Soutullo.
- Festa Pre-Fin de Ano 2025 coa orquestra Kubo (22:00 h).
Domingo 28
- Pasarrúas e Encontro de Ranchos de Reis (17:30 h e 18:00 h).
Un dos grandes eventos tradicionais do Nadal ponteareán.
Martes 30
- Obradoiro de maquillaxe (17:00 h).
- Presentación do Calendario de Ponteareas 2026 (18:30 h).
Outro dos actos destacados da programación.
Xaneiro
Venres 2
- Espectáculo “Fabulosos Cleaners”.
Sábado 3 e Domingo 4
- Visita dos Reis Magos ás parroquias.
Un dos actos máis esperados polos nenos e nenas.
Sábado 3
- Torneo Solidario de Bádminton.
Domingo 4
- Actuación da Rondalla A Mercé de Chaín.
Luns 5
- Recepción aos Reis Magos (12:00 h).
- Cabalgata de Reis (18:00 h) coa Rondalla de Valladares.
- Recepción final dos Reis Magos ao rematar o desfile.
Punto culminante da programación.
Actividades permanentes
- Mercado de Nadal na Praza de Abastos (12–24 decembro).
- Tren de Nadal pola vila e parroquias (22–27 decembro).
- Videomapping de Nadal na fachada do Concello (22 decembro – 5 xaneiro).

