A traballadora do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas, Digna Cardoso, explica nos micrófonos de Si Radio de Galicia que o acordo ao que chegou o Comité de Empresa coa empresa concesionaria do servizo, Óbolo, “foi grazas á mediación da Xunta de Galicia”, pero que, en calquera caso “se non cumpren cos acordos, o día 2 de xaneiro estaremos de novo en folga”.
As traballadoras do SAF de Ponteareas estiveron máis de dous meses en folga indefinida.

