lunes, noviembre 24, 2025
InicioNewsActualidadeA Guarda pasa de rolda: Un paso máis cerca de converterse no...

A Guarda pasa de rolda: Un paso máis cerca de converterse no municipio Ferrero Rocher 2025

O Concello da Guarda vén de converterse nun dos cinco municipios finalistas da campaña «Juntos Brillamos Más» de Ferrero Rocher.

Así o vén de anunciar a propia marca de bombóns e chocolates tras unha primeira fase, na que Galicia estaba representada polo municipio pontevedrés. Agora, nesta nova fase, disponse dunha semana, concretamente ata o domingo 30 de novembro, para votar de novo a través da seguinte ligazón.

Durante a primeira semana de decembro coñeceranse os tres finalistas, e na seguinte, os dous municipios que competirán na final.

Deste xeito, durante esta semana poderase escoller entre A Guarda (Galicia), Bullas (Murcia), Cudillero (Asturias), Fuente del Maestre (Extremadura) e Tejeda (Illas Canarias.

Dende o Concello da Guarda animan a todas e todos os galegos a votar e compartir para que A Guarda sexa alumeada coas luces máxicas de Ferrero Rocher.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS