lunes, septiembre 22, 2025
InicioNewsActualidadeO restaurante de comida rápida McDonald's aterrará "en breve" no Concello de...

O restaurante de comida rápida McDonald’s aterrará «en breve» no Concello de Mos

O Concello de Mos contará en breve cun novo restaurante McDonald’s, resultado dunha inversión de preto de 2 millóns de euros, que se situará entre as rotondas das Angustias e do Costilleta.

O edificio proxéctase como unha construción illada, rectangular e dunha soa altura, no que se albergarán todas as dependencias necesarias para a actividade. O interior contará con 106 prazas sentadas para o público.

O proxecto inclúe tamén unha zona de terraza con 72 prazas, dotada de mobiliario, papeleiras, xardineiras e un valado iluminado perimetral, así como unha zona de xogo infantil cuberta con lona, que cumprirá cos máximos requisitos de accesibilidade e seguridade.

O restaurante disporá tamén de carril McAuto, que rodeará o edificio e a terraza en sentido antihorario, facilitando a atención directa aos clientes nos seus vehículos. Ademais, contará con zonas de xardinería con especies autóctonas, un espazo específico e estético para a recollida e ocultación de residuos, e acceso a un aparcamento compartido co resto de operadores comerciais da contorna.

Este novo establecemento reforza a oferta hostaleira e comercial de Mos, sumándose aos máis de 80 operadores que xa operan na zona de Sanguiñeda, consolidando así este enclave «como un dos principais motores económicos e de emprego da comarca» segundo aseguran dende o goberno local. .

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS