Axentes da Garda Civil do municipio de Mos detiveron, o pasado día 15 de setembro, a un veciño da localidade por un presunto delito contra a saúde pública. No rexistro do domicilio, incautáronse un total de 9 plantas de marihuana «de gran tamaño», segundo indican desde a benemérita. En concreto, duns 1,80 centímetros.
A Garda Civil tamén aprehenderon 257 ramas de cogollos de marihuana e tres caixas, dispostas para a súa introdución no mercado ilícito, unha báscula de precisión, un deshumidificador e un foco de secado. Segundo indican, o peso total de marihuna seca era de 7 quilogramos.
O detido é un home de 50 anos veciño de Mos como suposto autor dun delito contra a saúde pública, «sendo posto en liberdade coa obrigación de comparecer en sede xudicial cando sexa requirido».
Investigación
A Garda Civil do Posto de Mos iniciou unha investigación tras varias queixas de persoas que comunicaban «un forte cheiro a marihuana» nunha zona concreta da localidade. Tras varias vixilancias nos meses posteriores, comprobaron a existencia dunha plantación de marihuana nun xardín dunha vivenda unifamiliar.