martes, septiembre 16, 2025
InicioO PaísA CoruñaO programa "Outono Gastronómico" volve para desfrutar da gastronomía galega

O programa «Outono Gastronómico» volve para desfrutar da gastronomía galega

A Xunta de Galicia, dende a Axencia Galega de Turismo, vén de presentar unha nova edición do programa Outono Gastronómico, que alcanza este ano a súa 19º entrega cunha proposta que «pretende dinamizar o turismo rural combinando a gastronomía coa oferta de casas rurais en meses fóra de tempada alta».

Nesta edición participan 78 establecementos de toda Galicia, dos cales 21 están na provincia da Coruña; 22 en Lugo; 16 en Ourense; e 19 en Pontevedra. Ademais, de entre todos eles, 11 están situados en concellos afectados polos incendios deste verán, o que supón o 14% do total.

Como participar?

O usuario participante poderá elexir dende este venres, 19 de setembro, e ata o 21 de decembro, un menú Outono Gastronómico sen aloxamento, dun paquete Outono Gastronómico, para estadías dunha noite; e dunha fin de semana Outono Gastronómico con dúas noites, coa posibilidade de escoller a Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con estancias de dúas noites de un ou dous adultos con un ou dous nenos.

A maiores, un total de 26 establecementos ofertan o Outono Plus, cun programa de actividades complementarias como paseos a cabalo, descenso en kayak, sendeirismo ou visitas a adegas con degustación.

Todas as propostas teñen un prezo fixo e pechado, que se poden consultar a través da seguinte ligazón. Os menús de cada establecemento poden consultase aquí.

As reservas realízanse directamente con cada establecemento, indicando o pack desexado para a ocasión. Non hai límite de reservas por persoa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS