Alfonso Iglesias, representante de Comisións Obreiras e Bombeiro de Orense, explica nos informativos de Si Radio os atrasos que acumula o Concello con respecto ao pago das súas nóminas. Explica que se trata de pluses que corresponden aos anos 2024 e 2025 así como horas extras do 2023,2024 e 2025. Incluso, asegura Iglesias, a administración local tampouco inclúe na súa nómina o aumento salarial do 0,5 % que aprobou o Goberno central.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: