miércoles, agosto 27, 2025
InicioNewsNova moción de censura en Galicia: O Partido Popular recuperará a alcaldía...

Nova moción de censura en Galicia: O Partido Popular recuperará a alcaldía de Carral 20 anos despois

O Partido Popular recuperará a alcaldía de Carral 20 anos despois de que perderan o bastón de mando do municipio. E é que vén de presentar unha moción de censura xun cos dous concelleiros non adscritos de Alternativa dos Veciños. Entre estes últimos e o grupo do PP suman a maioría absoluta de 13 concelleiros. O pleno no que se debaterá a moción de censura terá lugar o próximo 10 de setembro. Nesa sesión, Luís Fernández Mouriño obterá, de novo, o bastón de mando.

Non é a primeira moción de censura que ten lugar en Galicia nas últimas semanas posto que unha recente sentenza do Tribunal Constitucional avala os votos de concelleiros tránsfugas ao entender que os cargos son persoais e non dos partidos polos que se presentan.

Desde as pasadas eleccións municipais, no ano 2023, Alternativa dos Veciños tiña maioría absoluta. Obtiveron sete de trece edís, pero primeiro Francisco Bello e despois Mercedes Caridad deixaron o grupo e agora son quen apoia a moción de censura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS