martes, agosto 26, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño crea una concellería específica para o saneamento

O Porriño crea una concellería específica para o saneamento

O Concello do Porriño crea unha concellería específica para o saneamento no municipio. Así o vén de informar a adminsitración local nun comunicado no que apuntan que «a elaboración de todos os proxectos para completar a rede de saneamento do Porriño foi o primeiro dos pasos que levou a cabo o alcalde Alejandro Lorenzo fai tres anos e medio cando accedeu ao goberno municipal».

Así, «desde o inicio do noso mandato, as obras de saneamento foron unha prioridade absoluta e a redacción destes proxectos foi o punto de partida da nosa folla de ruta”, asegura o rexedor. Levouse a cabo un «esforzo económico e organizativo sen precedentes, dispoñíamos unicamente dun plan técnico no que non estaban delimitadas as contías de cada unha das obras a levar a cabo, de aí esa inversión de preto de 600.000 euros para elaborar cada un deses proxectos e así identificar e valorar economicamente todas e cada unha das necesidades, para consecuentemente solicitar os informes sectoriais precisos e tramitar as autorizacións dos veciños pola cesión dos terreos, non deixando ningún detalle atrás”.  

Investimento en saneamento

Neste tres anos e medio de goberno “realizouse unha inversión histórica en materia de saneamento, cun  total de 4.654.806 euros en obras, o que representa un verdadeiro avance se o comparamos co período  previo, de 2015 a 2021, no que se investiron 1,9 millóns”, remarca o alcalde. As cifras falan por si soas,  dende o ano 2022 executáronse unha vintena de obras; actualmente están outras dúas en execución, unha na Gulpilleira e outra na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, que suman un importe de preto  de 400.000 euros e están pendentes de licitación actuacións por valor de máis de 1,1 millón euros.  

“Traballamos a diario para avanzar na nosa folla de ruta. Somos plenamente conscientes de que o  saneamento é unha prioridade para moitos dos nosos veciños e veciñas, pero tamén debemos  lembrar que se trata dun servizo cunha altísima complexidade técnica e cun custo económico  moi elevado”. Por este motivo, «a súa execución ten que facerse de maneira progresiva, segundo  a dispoñibilidade orzamentaria».

“O Concello non conta cunha partida económica nin cos medios  suficientes para asumir en solitario o financiamento destas infraestruturas, polo que é imprescindible buscar colaboración noutras administracións, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra ou o Consorcio Augas do Louro. Gracias a ese apoio e ao esforzo do equipo de goberno temos conseguido  mobilizar investimentos históricos nestes últimos anos e seguiremos traballando con rigor e  responsabilidade para dar resposta ás demandas de toda a veciñanza”, tal e como explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Nova Concellería de Saneamento  

Para atender e centralizar todas estas necesidades, sobre todo aquelas pequenas actuacións que dan resposta a demandas particulares, dende o Concello valorouse a creación dunha concellería específica nesta materia. Con todos os proxectos xa redactados, obras realizadas, en execución e pendentes de licitación, súmase a próxima incorporación de sete operarios de obras e servizos, incluídos no cadro de persoal do Concello. “Disporemos de traballadores municipais que dependerán desta nova concellería  para, sobre todo, facer estas acometidas pequenas e puntuais e ir completando así toda a rede de  saneamento, combinando grandes e pequenas obras”.  

A día de hoxe, partindo dos máis de 16 millóns pendentes inicialmente, tendo en conta a actualización de  prezos, o xa executado, o que se está a realizar e máis o pendente de licitar, a cifra total de inversión que  resta para acadar o cen por cen do saneamento elévase a 11.899.632,68 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS