jueves, agosto 21, 2025
InicioNewsBoborás busca un xefe de incendios forestais de forma "urxente" tras a...

Boborás busca un xefe de incendios forestais de forma «urxente» tras a renuncia do actual responsable

O Concello de Boborás vén de abrir o proceso para incorporar un xefe de incendios forestais de maneira urxente tras a renuncia da persoa que actualmente ocupaba ese posto. Polo de agora, esta localidade non sofre os voraces incendios que asolan a outras localidades da provincia de Ourense como é o caso de Oímbra ou Chandrexa de Queixa.

Segundo explican desde a adminsitración local, o contrato será de xornada completa, en réxime laboral, e terá vixencia ata o 16 de outubro deste mesmo ano. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de tres días hábiles para presentar as solicitudes a través da sede electrónica do Concello.

Podes escoitar a entrevista completa coa alcaldesa, aquí:

Entre os requisitos que esixe o Concello, destaca ter o permiso de conducir de clase B e contar cunha titulación relacionada coa Exeñería de Montes ou Forestal así como de MEdio Natural ou de Conservación do Medio Natural, entre outras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS